A promoción do Xacobeo chegou a Zúrich

1 minutes read

O Xacobeo como motor de recuperación do conxunto dos territorios polos que pasa o Camiño de Santiago e o propio Camiño como piar de creación da identidade europea centraron a presentación Galicia, Xacobeo 2021-22 que acolleu Zurich e na que participaron preto dun cento de persoas.

Tras as presentacións de Portugal, Italia e Francia, Suíza é o cuarto país europeo no que se desenvolve este acto para poñer en valor a celebración deste Xacobeo especial e presentar un dos principais motivos para elixir Galicia como destino turístico.

No ano 2019 foron case 2.000 os peregrinos que chegaron dende o país helvético a Galicia, e espérase que este fluxo continúe aumentando a nivel que se recupere a mobilidade internacional.