Baixo o lema Galiza en grande, concello a concello, a fronte nacionalista activa a organización de cara ás municipais de 2023, un encontro no que a portavoz nacional da formación, Ana Pontón, asegurou que “comeza a conta atrás para que Galiza teña un Goberno liderado polo BNG que lle dea “futuro e esperanza” aos galegos e as galegas. Neste sentido, a líder nacionalista incidiu en que se bota a andar un tempo novo que anticipa a “despedida da vella maneira de facer política que leva a Feixóo para Madrid” e que “nos está deixando a un actor secundario no seu posto”, en referencia ao actual vicepresidente en funcións, Alfonso Rueda, do que dixo que “se algunha experiencia ten co BNG, é o sabor amargo da derrota cada catro anos”. Logo de indicar que o BNG ten na casa os seus mellores referentes, “todo ese bo facer nos gobernos municipais que é un caudal inmenso para fornecer un goberno alternativo na Xunta”, a portavoz nacional apelou a “dialogar, expandir, ampliar e confiar” como chaves nas vindeiras eleccións locais.
19