Dimite a líder do PP de Vigo Elena Muñoz tras o fracaso electoral

1 minutes read

Elena Muñoz presentou a súa dimisión como presidenta do PP vigués e tamén como concelleira. Así o anunciou este sábado nunha rolda de prensa celebrada na sede do Partido Popular. A concelleira non recollerá a acta e deixa a primeira liña da política tras os pésimos resultados das municipais.

O partido quedará en mans dunha xestora local ata a convocatoria para elixir a novo presidente. E é que a candidata “popular” perdeu tres dos sete concelleiros que tiña, unha cifra que xa fora un desastre en 2015, cando baixou outros seis edís respecto a Corina Porro. Muñoz deixouse polo camiño 41.156 votos, a unha perda media de 182 papeletas por semana desde que se anunciou oficialmente que relevaba a Corina Porro como aspirante ao bastón municipal.