A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, o alcalde da cidade, Abel Caballero, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participaron no acto de celebración do Día de Europa organizado pola Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA) onde se expuxo a necesidade de que Galicia e Europa sexan conscientes de que se necesitan mutuamente para poder avanzar.
De Vigo, a representante autonómica, destacou o seu peso na actividade marítimo-pesqueira galega e en toda a cadea mar-industria europea, a súa grande fortaleza portuaria e de alto valor marítimo, e a relevante presenza do naval olívico. “Unha cidade -dixo- de enorme puxanza pesqueira que, nin nos peores momentos deixou de exercer a súa actividade con responsabilidade, baixo o paraugas da unidade e no marco dos criterios que rexen a sustentabilidade”.
Pola súa parte, Abel Caballero, subliñou que “no contexto actual a Declaración de Schuman cobra, se cabe, moita máis importancia que en anos anteriores. Precisamos traballar pola paz e unidade en Europa, e pola recuperación dos valores que sempre a caracterizaron”.