Galicia contará este verán con 166 bandeiras azuis, 11 máis que en 2021

1 minutes read

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou que as 166 bandeiras azuis de Galicia son un premio ao compromiso da Comunidade co seu patrimonio natural e un recoñecemento á súa aposta polo turismo sustentable e de calidade. Fíxoo durante o acto de entrega destes distintivos que ondearán en 112 areais, 11 portos deportivos, 14 centros e 29 sendeiros. “Son 11 estandartes máis que o ano anterior”, dixo.

A ese respecto, sinalou que Galicia pode sentirse orgullosa de que en relación a criterios de calidade de auga, seguridade, xestión ou información, a Asociación de Educación Ambiental volvera a situar á Comunidade como unha referencia en España, como demostra o feito de que 1 de cada 5 bandeiras azuis do país pendurarán en territorio galego.