Atopan o corpo do mozo afogado no río Miño en Ourense

0 minutes read

Efectivos de emerxencias atoparon este mércores o corpo do mozo que afogou este martes pola tarde no río Miño, nas proximidades da central hidroeléctrica de Velle, na cidade Ourense. O tráxico suceso tivo lugar cando varios mozos estaban a bañarse no río. Nese momento, Alassane Neiaye, de 24 anos, e de orixe senegalesa, por causas que se investigan sufriu unha indisposición e afundiuse sen que os seus amigos puidesen facer nada. Testemuñas presenciais explicaron que un dos seus compañeiros ao ver que se atopaba mal, tentou agarralo, pero non puido rescatalo.