Vigo inicia a preparación do próximo Nadal 2022-2023

1 minutes read

“O Nadal faise todo o ano”, sinalou Abel Caballero en rolda de prensa ao informar da aprobación na Xunta de Goberno deste xoves da contratación da ornamentación e instalación de elementos figurativos lumínicos e da programación do Nadal.

“O Nadal programámolo e facemos contratacións a tres anos vista” engadiu o rexedor censurando a improvisación na organización do Nadal de Vigo: “require previsión; non hai que improvisalo e actuamos con moita antelación”. Ademais, puxo en valor a repercusión do Nadal en Vigo: “é probablemente a acción que produce máis retorno para a cidade por euro investido, de todas as actuacións municipais de todos os concellos do mundo”, concluíu.