Máis de 120 nenos e nenas participaron na 14ª edición do campus de fútbol da Laracha

1 minutes read
  • O Concello asumiu todos os gastos da actividade, que rematou este venres.

Este venres rematou o campus de fútbol da Laracha, a actividade co maior número participantes ata o de agora entre as numerosas propostas deportivas e culturais que oferta o Concello para este verán.

Máis de 120 nenos e nenas participaron nesta décimo cuarta edición que comezou o pasado luns de forma simultánea no campo municipal da Laracha (rapazada de entre 5 e 11 anos) e no da Porta Santa de Paiosaco (de 12 a 15 anos).

O Concello asumiu integramente os gastos da actividade e, no último día do campus, os dous grupos recibiron a visita do alcalde, José Manuel López Varela, e da concelleira de Deportes, Patricia Bello.