UB Lavadores Vigo e Rubensa BM Porriño campións da Copa Galicia de Balonmán

2 minutes read

UB Lavadores Vigo e Rubensa BM Porriño proclamáronse este domingo no Gatañal campións da Copa Galicia 2022 en dous partidos tremendamente disputados e loitados ata o final.

A final masculina foi a primeira en disputarse e cun gran inicio por parte do conxunto vigués, que logrou adiantarse no marcador con distancias de ata cinco tantos (9-4, min. 12), con rápidas saídas en ataque que pillaba a defensa rival descolocada. A partir de aí, comezou a remontada do Indupor BM Porriño, grazas a unha boa defensa e a aportación do meta Guedes, que creceu baixo paus. As contras do Porriño significaban goles rápidos e así o conxunto dirixido por Dani Benaches logrou darlle a volta ao marcador para poñerse por diante antes do descanso. 16-18, ao remate dos 30 minutos iniciais.
A segunda parte discorreu tremendamente igualada, con moitos empates no marcador e distancias mínimas, para chegar a un final de infarto. A falta de cinco minutos, o Lavadores tiña dous tantos de vantaxe (32-30), pero o Indupor logrou igualar en menos de dos minutos (32-32). Os últimos minutos foron de infarto. Diego Pérez volveu poñer por diante no marcador ao conxunto vigués (33-32), pero houbo sufrimento ata o final. O Porriño tivo a opción de igualar o partido cun lanzamento de sete metros co tempo xa finalizado, pero o lanzamento de Fernando Mosquera, que levaba dez tantos, estrelouse no pau. Así, triunfo para os vigueses na Copa Galicia 2022.

Final femenina

A continuación, xogouse a final feminina entre Rubensa BM Porriño, que defendía o título do pasado ano, e Oliveira&Faro Saeplast Cañiza. Tamén foi un partido igualado, a pesar do que dí o resultado final. Nos primeiros dez minutos, intercambio de goles e continuos empates (7-7). A partir de aí, o Porriño logrou escaparse no marcador de ata cinco goles, grazas a aportación en ataque de Carme Castro (14-9, min. 18), pero unha nova reacción do Cañiza logrou volver a meter emoción ao partido para alcanzar o descanso só dous tantos abaixo (17-15).
Na segunda metade, parecía que o Rubensa ía resolver o partido, pero o Cañiza se resistía e lograba recortar para poñerse novamente a dous tantos (24-22, min. 44). Foi aguantando ata case os últimos minutos a só tres goles (31-28), pero era necesario arriscar e así o conxunto dirixido por Abel Estévez logrou abrir distancias no marcador.