O Calvo Xiria afrontou con éxito unha dobre cita na fin de semana

2 minutes read

O primeiro partido disputado no pavillón de Tarrío ante o conxunto do Balonmán Culleredo, un dos equipos punteiros da primeira autonómica. O Calvo Xiria saíu cun gran ritmo defensivo, e con Antonio en portería colaborando para abrir diferenzas desde o inicio. A velocidade e precisión daba vantaxe a un Xiria que se atopaba cómodo. Mediada a primeira metade, Bm Culleredo reducía distancias a base de oficio e ao descanso a diferenza era de 3 goles.
Tras a continuación, volvía o Calvo Xiria a axustar a súa defensa, pero tamén o conxunto local mellorou nesa aspecto do xogo.Aaos poucos ía facendo efecto no marcador e aproveitando as desigualdades numéricas rompeu definitavamente o partido para facerse coa primeira vitoria da tempada.
Balonmán Culleredo 25 Calvo Xiria 35


A segunda cita sería o sábado no Vila de Noia, ante un Reconquista de Vigo moi reforzadoque aspira a estar na parte alta da táboa en primeira nacional. Foi un partido diferente ao da semana anterior en Vigo. Notábase a carga de adestramentos e partidos en ambos equipos e a falta de efectivos que estaban con molestias; que os adestradores non quixeron arriscar. Aínda así o partido foi intenso e emocionante e non se decidiu ata os últimos 5 minutos.
Partido igualado desde o inicio, con continuos intercambios no marcador, e que o conxunto visitante conseguiu irse ao descanso con vantaxe de dous goles grazas a un mellor acerto no lanzamento. Tras o paso por vestiarios, o Calvo Xiria mellorou as súas prestacións e rapidamente lle diu a volta ao resultado. A combatividade de ambos equipos fixo que se chegase aos último 3 minutos con empate a 29 goles. Reconquista xogando 7×6, non acertou desde os 6 metros e o Calvo Xiria obtivo gol nos seus ataques para o definitivo 32 a 29.
Calvo Xiria 32 – Reconquista de Vigo 29