Nos próximos meses saíra á luz a Estratexia Galega de Atención á Soidade non Desexada

1 minutes read

A Xunta presentará nos próximos meses a Estratexia Galega de Atención á Soidade non Desexada logo da súa revisión e análise cos concellos galegos e as entidades sociais. O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, compareceu na Comisión 5ª de Política Social, Sanidade e Emprego para responder a unha pregunta sobre o estado deste plan.

O pasado ano presentouse un primeiro documento no que se facía unha radiografía xeral da situación en Galicia e se recollían iniciativas postas en marcha no resto de países europeos. Este primeiro análise está sendo agora concretado e analizado polo axentes implicados para definir vías de actuación neste eido.

Coa súa aprobación, Galicia converterase na primeira comunidade a nivel estatal en contar cun plan destas características. As liñas xerais desta estratexia centraranse en cinco principios fundamentais: a prevención, a detección, a intervención, a visibilización e a cooperación.