Atopan a unha persoa falecida debaixo dun tractor nunha finca de Vila de Cruces

1 minutes read

O 112 Galicia tivo coñecemento do sinistro con maquinaria agrícola, que ocurrira minutos antes das 18 horas deste xoves, cando un particular chamou para alertar dunha persoa atrapada baixo un tractor nunha leira do lugar de Gres, en Vila de Cruces (Pontevedra). O accidentado non respondía aos intentos do alertador por contactar con el.

Entón, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 comunicou a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago. Unha vez o seu persoal chegou ao lugar, confirmou o falecemento da persoa e solicitou a colaboración dos Bombeiros para retirala de debaixo do tractor.

Ademais do persoal dos servizos sanitarios e dos Bombeiros de Silleda, tamén participaron a Garda Civil de Pontevedra e o GES e Protección Civil de Lalín.