O Bono Activa Comercio poderá descargarse a partir do día 24

1 minutes read

A partir do día 24 de outubro estará de novo operativo o adhesivo que identifica a campaña en milleiros de tendas do pequeno comercio. Dentro haberá descontos por valor de 30 euros para aqueles clientes que teñan descargado no móbil o seu bono Activa Comercio. Os descontos serán de 5, 10 ou 15 euros dependendo da contía da compra, ata esgotar o saldo de 30 euros. O bono poderá usarse ata final de ano naquelas tendas que se inscriban no programa a partir do próximo xoves. A Xunta destina 5 millóns de euros a esta iniciativa, que na súa segunda edición busca chegar a máis de 160.000 consumidores.