21
Víctor Senra segue a facer historia no campionato galego de Rallys. O piloto de Dumbría gañou o seu sexto título galego e iguala con Germán Castrillón con seis triunfos superando ao seu pai, o mítico Manuel Senra. E iso que non gañou ao grande porque foi terceiro no Rally San Froilán. A vitoria foi para Alberto Meira, o último piloto en quitarlle o título alá polo ano 2016. Un percance cun gato no primeiro treito fíxolle perder un minuto a Senra e non foi quen de recurtarllo a un Meira que viu a gran oportunidade de facerse co triunfo. Un rally que se lembrará pola emoción, ata o último momento, dunha disputa entre dous pilotos de referencia.