A Xunta de Galicia esgota os vales do Bono Cultura que se poderán empregar nos máis de 400 establecementos adheridos a esta iniciativa. Así, os usuarios que contan con Bono Cultura poderán gozar de descontos ata o 31 de decembro. Trátase dun vale por valor de 50€ co que terá un desconto do 50% en cada compra de produtos culturais como música gravada en CD ou vinilo, produtos audiovisuais como películas ou series en formato físico, libros ou videoxogos, entradas para museos, casas museo ou para salas de cine, concertos, música e espectáculos escénicos, entre outras.
En total distribuíronse 20.000 bonos coa intención de mobilizar 2M€ este outono no sector cultural. Polo de agora son xa máis de 400 as empresas adheridas, que poden seguir sumándose ata o 14 de novembro a través de bonocultura.gal, onde tamén se pode consultar a listaxe actualizada de establecementos participantes.