Varios grupos de médicos e sanitarios tacharon de “caos”, “improvisación”, “desastre”, “malos tratos” e “debacle” os primeiros días do novo modelo de urxencias extrahospitalarias na Comunidad de Madrid. As críticas chegan desde sindicatos como Amyts, que iniciará unha folga indefinida este luns, pero tamén de organizacións profesionais como o Colexio Oficial de Enfermería de Madrid ou a Sociedade Madrileña de Medicina Familiar e Comunitaria (SoMaMFyC). “A deficitaria xestión da Sanidade na Comunidad de Madrid está próxima a un punto de quebra”, valoraron estes últimos nun comunicado xunto á Sociedade Española de Medicina Familiar e Comunitaria (semFYC), no que lamentan que se prometa un servizo “sen contar cun persoal suficiente” e “baixo acusacións” por parte dos dirixentes de “boicot”.
17