O PSdeG reclama que se manteña a bonificación polo canon do lixo aos concellos adscritos a Sogama

1 minutes read

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Paloma Castro, vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que manteña a bonificación do 10 por cento no canon do lixo a 167 concellos adscritos a Sogama. A responsable socialista sinala que a decisión do goberno galego supón “afogar aínda máis aos concellos e á veciñanza” nun momento de crise de prezos e “pola contra enriquecer a unha eléctrica como Naturgy”, titular do 52 por cento de Sogama.

Castro sinala que a decisión é “totalmente insolidaria” e “contraria” aos principios medioambientais que priman a redución do lixo fronte á valorización enerxética ou a incineración, polo que “debera ser revertida manteno a bonificación” que se prorrogou durante os últimos 3 anos. Esta decisión suporá que un aumento da recadación para o mesmo goberno que vai renunciar a 30 millóns de euros de recadación pola redución do imposto do Patrimonio aos máis ricos.