Vigo | Desartellan unha rede de tráfico de drogas na comarca

1 minutes read

A Policía Nacional detivo dous homes na comarca de Vigo por delitos de tráfico de drogas e tenza ilícita de armas, imputándolle a un deles tamén a tentativa de homicidio por disparar os axentes. Foron estes quen desartellaron unha rede de tráfico de estupefacentes tras unha longa investigación. Nos rexistros interviron grandes cantidades de droga e máis de 25.000 euros en efectivo, armas de fogo e varios teléfonos móbiles.

Os detidos son os presuntos responsables dun importante punto de distribución a pequenos vendedores. Para levar a cabo a súa actividade utilizaban dous locais ubicados no Barrio de Traviesas como laboratorios que tamén foron rexistrados así como os domicilios dos principais sospeitosos.

A investigación continúa aberta e a Policía non desbota novas detencións. Os detidos xa foron postos a disposición xudicial.