O Calvo Xiria non foi quen de reencontrarse coa vitoria na casa ante o Automanía Luceros, (33-43)

1 minutes read

O equipo de Adrián Méndez está a protagonizar un gran inicio de tempada, cun persoal cheo de mocidade e xuvenís. E este sábado volveu a sumar un novo triunfo que o coloca na zona alta da clasificación. Os cangueses tan só sufriron dúas derrotas esta tempada. Pola súa banda o Calvo Xiria, de Adrián Dubra, necesitaba gañar este partido tras cultivar tres derrotas consecutivas, pero non puido ser e coa deste sábado xa son catro. O conxunto local comezou a remolque desde os primeiros minutos do partido cun Luceros moi enchufado e dobrando no marcador ao seu rival con dez goles en dez minutos (5-10). Tempo morto local, o Xiria recupérase de cara ao remate do primeiro tempo, pero vaise ao descanso con menos 6, (16-22). No inicio da segunda parte o Automanía Luceiros seguía facer auga a defensa dun tímido Calvo Xiria en superioridade numérica en pista, que non foi quen de aproveitar a situación, senón que aumentou a renda na súa contra en máis 11, (18-29). Unha renda que se mantiña no luminoso e que o Calvo Xiria non puido reverter, ao final (33-43). Toca seguir traballando para volver canto antes á senda do triunfo.