Sorte dispar para os equipos do Grupo Lemaco A e B

1 minutes read

Grupo Lemaco Xiria A 46 – Sar de Redondela 30 (25-18)

Tres de tres para o Grupo Lemaco neste arranque de Liga, á espera de compromisos maiores os carballeses van sacando adiante os seus partidos sen moita dificultade, o que fai as veces que non estean de todo o intensos sobre todo na defensa, permitindo aos contrarios marcar con facilidade.

Si ben comezou o equipo con maior intensidade defensiva que nos anteriores partidos, nas accións de axuda chegábase tarde cando os opoñentes habían superado, o que tivo como consecuencia 3 exclusións seguidas para os locais nos primeiros 10 minutos. Tras uns axustes a defensa funcionaba e permitía saídas a contra con velocidade. No ataque o Xiria transformaba sen dificultade ante a defensa redondelana, impotente de parar ao seu rival.

Na segunda metade o Grupo Lemaco pechou mellor no 6:0 defensivo, a pesares que lonxe dos seus obxectivos reais, a Sar cedeu en intensidade rematando o encontro cun 46 a 30.

Culleredo Galaico Caravaning 31 – Grupo Lemaco Xiria B 30 (15-16)

Co tempo esgotado o Grupo Lemaco erraba o derradeiro lanzamento que houbese suposto un empate, a pesares da derrota, enorme partido dos noveles do Xiria que se sobrepuxeron ás baixas de Aday e Nico Cancela neste encontro.

Igualdade e alternativas o longo dos 60 minutos onde ningún dos equipos puido romper o encontro, chegaba de todos xeitos un pouco máis fresco o final o Culleredo polo que tivo maiores opcións de levarse o triunfo.

Durante o partido boas disposicións e intensidade defensiva en ambos equipos e velocidade nas contras o que encadeou un partido de moito ritmo.