Convenio de emerxencias con UNICEF para facerlle fronte á crise humanitaria en Ucraína

1 minutes read

A Xunta vén de activar o convenio de emerxencias con UNICEF para facerlle fronte á crise humanitaria en Ucraína. O Goberno galego destina 30.000 euros a esta intervención co obxectivo de mellorar as condicións de vida da infancia afectada pola guerra.

A iniciativa centrarase na adquisición e distribución de kits básicos de emerxencia deseñados para proporcionarlles atención a 10.000 persoas durante tres meses. Tamén se van adquirir e distribuír kits para atender un cento de partos, así como subministracións nutricionais. Deste xeito búscase dotar os centros de saúde, hospitais e outros lugares de refuxio con recursos sanitarios e de nutrición esenciais para garantir a atención das persoas máis vulnerables.

A activación do convenio responde á necesidade de paliar o grande impacto do conflito bélico sobre as familias e, de xeito especial, sobre mulleres e nenos, xa que o acceso á asistencia sanitaria se segue vendo gravemente afectada pola inseguridade, a mobilidade restrinxida, a ruptura das cadeas de subministración e os desprazamentos masivos.