España é a nova campioa europea Sub-21

0 minutes read

Con dous goles, un de Fabián na primeira parte e outro de Dani Olmo na segunda, permitiron á Rojita fulminar a Alemaña na final. Non se renderon os alemáns que cun tanto de Amiri no minuto 88 meteron o medo no corpo á selección. Pero aguantaron os de Luís de la Fuente e levantaron o quinto título para España, que iguala a Italia con cinco trofeos no campionato. O triunfo tamén serve para que a selección cobre vinganza de Alemaña, combinado que a derrotou na final hai dous anos.