Activada unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego

1 minutes read

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa afecta este luns á costa de Lugo e no noroeste da Coruña, con vento do suroeste de forza 8, ao norte de Prior, e mar combinada do noroeste con ondas de ata 7 metros.

No oeste da Coruña, o fenómeno meteorolóxico adverso trae mar combinada do noroeste e ondas de ata 7 metros. No suroeste da Coruña e na provincia de Pontevedra mar combinada do noroeste con ondas de ata 6 metros.

Lembran a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.