Iniciativa ‘Marisco da Illa’ para promocionar a calidade dos produtos das rías galegas

1 minutes read

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, destacou o valor que teñen iniciativas como Marisco da Illa. Dende o segredo do bo gastrónomo, da Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños da Provincia de Pontevedra (OPP20), á hora de poñer en valor a calidade dos produtos das rías galegas, impulsar a súa comercialización e enxalzar a tradición marisqueira.

A campaña realizará diferentes demostracións de cociña con mariscos como a ameixa ou o berberecho por distintas escolas de hostalería da comunidade como o Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG), lugar escollido para presentar a iniciativa. A este respecto, Antonio Basanta, que estivo acompañado pola directora do (CSHG), Marta Fernández Vázquez, destacou a importancia de promocionar estes manxares entre os futuros cociñeiros para que experimenten a súa versatilidade e sabor.

Este tipo de iniciativas desenvólvense ao amparo dos plans de produción e comercialización das organizacións de produtores pesqueiros (OPP), para os que a Xunta convoca axudas todos os anos co obxectivo de impulsar a actividade destas entidades e favorecer uns mellores resultados económicos para o conxunto do sector pesqueiro