A Axencia Galega de Emerxencia acaba de informar da morte dun operario que estaba traballando en Carballeda de Valdeorras.
O vehículo que manexaba envorcou e o condutor quedou atrapado no mesmo.
Nestes momentos, os Bombeiros de Valdeorras atópanse no lugar dos feitos traballando conxuntamente co GES da localidade e cos servizos sanitarios para excarcerar a vítima.