22
Última xornada antes do parón de Nadal e o Calvo Xiria xogou este sábado no Vila de Noia ás 20:00 horas contra o Reconquista de Vigo. Ambos os equipos xa se viran as caras este ano, nos partidos amigables da pretemporada. O conxunto carballés tiña que tentar frear ao seu rival, pero non foi capaz. Os vigueses foron donos da cancha durante case todo o partido, ao descanso chegouse co resultado de 13-17 e ao final o Reconquista de Vigo levou unha merecida vitoria, 29-35. Tócalle reflexionar ao equipo carballés tras cultivar a súa quinta derrota consecutiva.