21
Aparece o cadáver dun home nun rego do Camiño do Agro, na parroquia de San Miguel de Pereiras, en Mos. Foi un familiar o que alertou o 112 pasadas as 9:45 horas deste luns dos feitos. Ata o lugar desprazouse Urxencias Sanitarias, que certificou a morte sobre as 12:00 horas. Tamén se desprazou a Garda Civil, o GES de Mos, o Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil. As forzas da orde traballan para esclarecer as circunstancias do suceso.