Rueda acepta ‘coma unha moto’ ocuparse do que suceda en Galicia

1 minutes read

O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alfonso Rueda, presentou este venres o vídeo de Nadal dos populares galegos. O primeiro fotograma comeza cunha mensaxe do actual líder do PP nacional, Alberto Núñez Feijóo, que lle lembra ao seu sucesor en Galicia que este ano “lle toca” a el ocuparse do que suceda na comunidade. Rueda acepta o encargo e sobe á súa moto, coa que percorre os 313 concellos galegos, cruzándose a multitude de veciños galegos, de varias idades e procedencias e que -ironiza o propio vídeo-, nalgúns casos non recoñecen o mandatario. Con esta diversidade, os populares galegos pretenden reflectir que “o PPdeG é o partido que máis se parece a Galicia porque está a pé de rúa”.