España anticipa unha serie de medidas e mantén a vixilancia activa fronte á preocupación pola evolución dos contagios de COVID 19 na China, tal e como anunciou a ministra de Sanidade, Carolina Darias. Neste sentido, explicou que, ante posibles escenarios, por parte das autoridades sanitarias hai máxima vixilancia e anticipación, e adiantou que se implementarán controis nos aeroportos españois a viaxeiros procedentes da China, a quen se esixirá a presentación dunha proba fronte á COVID 19 con resultado negativo ou pauta completa de vacinación, con vacinas autorizadas pola Organización Mundial da Saúde (OMS). Ademais, en coordinación con AENA, están a darse os pasos necesarios para poder realizar test COVID 19 aos viaxeiros procedentes deste país. Tamén, para contar con máis información e datos fiables, considérase fundamental a vixilancia activa e a secuenciación de mostras para poder detectar posibles novas variantes.
21