Entran en vigor as Zonas de Baixas Emisións (ZBE) en España que prohiben a circulación dos vehículos sen etiqueta ambiental en núcleos urbanos de diversas cidades españolas. Responden á Lei de Cambio Climático e Transición enerxética aprobada en 2021 polo Goberno e que obriga aos municipios españois de máis de 50.000 habitantes a ter estas áreas de circulación restrinxida para vehículos contaminantes, algo que tamén se aplica aos de máis de 20.000 que superen niveis máximos de contaminación.
Trátase de áreas delimitadas dentro das cidades onde se aplican restricións de acceso, circulación e estacionamento de vehículos contaminantes para mitigar as emisións de gases de efecto invernadoiro e mellorar a calidade do aire.
Aínda que o Goberno non establece na lei que vehículos están restrinxidos, si publicou unhas directrices a modo de guía para que as entidades locais deseñen os seus modelos e que seguen a tendencia de Madrid e Barcelona, onde xa existen estas áreas desde hai anos.