20
Un home faleceu este martes no Grove mentres trataba de colocar unha antena. Segundo informa o servizo de emerxencias 112 Galicia, o operario sufriu unha caída que lle provocou a morte sen que os servizos sanitarios puidesen salvalo. O accidente produciuse desde unha altura duns cinco metros, próximo o número 35 do lugar de Campos. Ata o punto desprazouse persoal do 061, Garda Civil, Policía Local e Protección Civil do Grove. A causa do accidente laboral abriuse unha investigación para aclarar o sucedido.