21
En Vigo, esta tarde incendiouse un transformador situado na rúa Fotógrafo Xosé Gil, na esquina coa Avenida da Florida. O suceso ocorreu pouco antes das seis da tarde xusto diante da porta do hotel Hesperia.
Os bombeiros acudiron enseguida a apagar o incendio pero no lugar segue habendo unha importante fumareda. O corte de luz afectou a medio milleiro de usuarios.
Agora están agardando a que a empresa eléctrica responsable acuda restablecer a subministración eléctrica na zona.