A Xunta habilita unha orde de axudas dirixida a refuxiados ucraínos

1 minutes read

Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou esta liña de subvencións, posta en marcha pola Consellería de Política Social e Xuventude e que conta cun orzamento de 1,3 millóns de euros. Con esta nova medida de inclusión social, o Goberno galego ten como obxectivo apoiar a aquelas persoas que fuxiran da guerra de Ucraína. Para acceder a ela debe reunirse os seguintes requisitos: contar co estatuto de protección temporal, estar empadroado nalgún concello de Galicia e que se acredite unha situación de vulnerabilidade por parte dos servizos sociais municipais.A contía da axuda a cada beneficiario será de 400 euros mensuais por un tempo máximo de medio ano. A cantidade poderá incrementarse en 100 euros por cada menor a cargo que teña o beneficiario. Para solicitar esta axuda terán de prazo un mes a contar desde o día 6 de xaneiro, pode realizarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presentar a solicitude en calquera rexistro oficial.