Activa unha alerta laranxa por temporal costeiro na provincia da Coruña

1 minutes read

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa está activo no litoral coruñés con ventos do suroeste de forza 7, que localmente pode acadar forza 8 e os 74 quilómetros por hora no cabo Vilán.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

No resto da costa da provincia coruñesa -noroeste e suroeste- estará tamén activa a alerta amarela por ventos do suroeste forza 7 e ata 61 quilómetros por hora. Ademais, en toda a provincia de Pontevedra o nivel de aviso será amarelo por precipitacións acumuladas de 15 mm. nunha hora, mentres que no oeste e suroeste da Coruña agárdanse acumulación de choivas de 40 mm. en 12 horas.