Os Puntos de Encontro Familiar realizaron preto de 18.000 intervencións en 2022

1 minutes read

Os Puntos de Encontro Familiar (PEF) realizaron durante o 2022 preto de 18.000 intervencións. Así, atenderon a máis de 2700 persoas, entre nenos e adultos, que usaron este servizo gratuíto para facilitar e preservar a relación entre os menores e as persoas das súas familias cando se encontra nunha situación de crise.

Os puntos de encontro familiar constitúen un equipamento social, de carácter neutral, especializado para o cumprimento do réxime de visitas establecido pola autoridade competente que ten por obxecto favorecer as relacións entre os menores e as súas familias cando, nunha situación de separación, divorcio ou noutros supostos de interrupción da convivencia familiar, o exercicio do dereito de visitas se ve interrompido ou resulta difícil ou conflitivo o seu cumprimento.

Esta cifra de intervencións supera nun 2% as realizadas no 2021. Nestes centros realízanse entregas e recollidas de menores, visitas tuteladas e supervisadas e tamén se levan acabo outras actuacións como programas psicoeducativos que procuran a orientación e asesoramento familiar para normalizar as situacións.