Vigo retoma as grandes obras coa finalización do Nadal

1 minutes read

As obras de Vigo seguen a avanzar logo de ter rematado o Nadal, período no que non estaba permitido traballar neste sector na vía pública para facilitar os desprazamentos nunha festividade con alta afluencia de persoas.

O alcalde, Abel Caballero, deu conta das grandes obras, aínda que tamén comezaron outras “importantes pero non significativas para toda a cidade”. Deste xeito, enumerou algunhas como a grada de Marcador, as ramplas e humanización da Gran Vía, o HALO, a praza elíptica “para transformala nun espazo de cultura”, o paseo de Bouzas “unha das máis importantes da cidade e a máis importante da historia de Bouzas”, Purificación Saavedra, Gregorio Espino, as escaleiras mecánicas de Talude, o centro de formación en rúa Alta, plan de mellora de eficiencia enerxética, o túnel de Beiramar “coa mellora da seguridade coa mellor tecnoloxía”, a humanización de Aragón, Romil, Martínez Garrido, Tercio de Afora, Castelao, a rúa Paz Pardo polas correntes de augas, o ascensor entre Travesía e Aragón, Clara Campoamor “que tiña que facela a Xunta”, a cubrición dos patios Villalaura, Javier Sensat e o arranque das ramplas do centro de saúde de Teis.

“Estamos a actuar en toda a cidade, tamén no rural. Estas son as obras máis significativas pero tamén hai outras moi importantes. Para cada un a súa rúa é a máis importante, por iso tamén actuamos no rural”, concluíu.