O Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia e ABANCA dan un novo impulso á súa colaboración tras renovar un ano máis o seu convenio financeiro. As dúas entidades abordan os desafíos deste colectivo co foco posto en mellorar o acceso ao crédito dos profesionais colexiados e facer fronte á situación económica actual, marcada pola inflación e o aumento do prezo das enerxías.
O convenio foi asinado este xoves na Coruña polo decano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia, Enrique Urcola Fernández-Miranda, e polo Director Territorial da devandita cidade, Óscar Salgado Seijas, que estiveron acompañados polo coordinador de Convenios de ABANCA na Coruña, José Manuel Blanco. Tras a rúbrica, os representantes das dúas entidades compartiron nunha reunión os desafíos do colectivo e acordaron manter unha comunicación fluída para abordar novas necesidades.
No acordo detállase unha ampla oferta de produtos creados especificamente para mellorar a competitividade do colectivo galego de enxeñeiros de Camiños, como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario e inmobiliario avais. Así mesmo, ABANCA reforza o seu compromiso cos colexiados e co sector a través da activación das liñas de financiamento oficiais do organismo público ICO, as SGR nacionais e 5AECA.
Asesoramento e xestión integral
Pero o texto recentemente renovado, xa dispoñible para os colexiados de enxeñería de camiños galegos desde este momento, tamén inclúe a oferta especializada de ABANCA Persoal en materia de asesoramento e xestión integral. Desta forma os enxeñeiros de Canles, Camiños e Portos colexiados contarán con xestores especializados e produtos a medida para sacar o máximo rendemento aos seus investimentos. Tamén poderán dispoñer da tarxeta Visa Ti, que ofrece múltiples formas de pago nunha soa tarxeta para combinalas como máis conveña, outros produtos como a Tarifa Plana de Seguros e de Valores e avanzados servizos de banca a distancia, como a Banca Móbil, a Banca Electrónica, o Bróker En liña ou os Fondos de Investimento ABANCA.