A Rede Galega de ‘Parques sen fume’ chega á área de Vigo

1 minutes read

O Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asisitu ao acto de colocación da sinalización da Rede de “Parques sen Fume” no parque da Pesqueira. Este parque, pertencente ao concello Mos, é o primeiro da área de Vigo en adherirse a rede. O titular de Sanidade agradeceulle a alcadesa, Nidia Arévalo Gómez, que Mos se converta no concello pioneiro en acoller esta iniciativa na área de Vigo.

Así mesmo, García Comesaña tamén destacou que, logo da aprobación da creación desta rede no Consello da Xunta a finais do mes de novembro, para incentivar e premiar aos concellos que primeiro decidiran adherirse a esta rede, a Xunta facilitou de forma gratuita o material de sinalización, sendo 18 os concellos adheridos en toda Galicia e un total de cinco na provincia de Pontevedra: Mos, A Estrada, Agolada, Moraña e Ribadumia.

Con esta iniciativa, que leva a cabo a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o Executivo galego percegue o obxectivo de “crear máis espazos públicos libres de tabaco nas vilas galegas”. Este programa que se acaba de por en marcha, é un fillo directo, -remarcou Comesaña-, doutra iniciativa de éxito como é o Praias sen fume, que a Xunta creou no 2016, por iniciativa do anterior conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e da que xa forman parte 80 concellos de toda Galicia, en total 214 praias libres do fume do tabaco.