O programa “Balonmán na rúa” chega á Silva, Cerceda

1 minutes read

A Federación Galega de Balonmán xunto co Concello de Cerceda organiza entre o 10 e o 12 de febreiro un evento de “Balonmán na rúa” no Campo da Feira das Nenas, na Silva. Os horarios dependerán do número de equipos. A actividade esta dirixida para mozas e mozos nados entre o 2011 e o 2015 e a inscrición é gratuíta no seguinte link

Durante a fin de semana, a Silva, acollerá as xornadas de ‘Balonmán na rúa’ que se desenvolverán durante a tarde do venres, a xornada completa de sábado e a mañá do domingo, cando se entregarán os trofeos.

Trátase dun proxecto organizado para a rapazada de 6 a 11 anos, co que se busca fomentar a actividade física á vez que se promociona o balonmán dunha maneira moi particular, facéndoo máis visible fose dos catro muros dun pavillón e nun formato que animará a moitas nenas e nenos a comezar a practicalo.

O Concello convida a veciñanza a achegarse para xogar ao balonmán e coñecer este deporte. Á entrega de trofeos acudirá a deputada provincial e concelleira de Cerceda, Cristina Capelán.