O Concello investiu 80.000 euros no ano 2022 en diferentes proxectos de cooperación e de axuda humanitaria. Concretamente, explicou o rexedor Abel caballero, foron cinco as ONG,s que recibiron fondos municipais: Fundación Proclade, para construír tanques de auga en Haití; Manos Unidas, para escolas de campo de agricultores en El Salvador; Asociación Aulas Abertas, mantemento de sete comedores escolares en Perú; Malembe Proxecto, iniciativas educativas no Congo e, por último, Fundación Marista, con proxectos educativos en El Salvador. Ademais, engadiu, o goberno local dedicou 20.000 euros a axuda humanitaria en Venezuela e Siria, a través de Acnur e Unicef, respectivamente. O alcalde deu conta tamén da aprobación para 2023 das bases e convocatoria de subvencións a organizacións non gubernamentais para a realización de proxectos de cooperación. O importe é de 60.000 euros con acceso a través da libre concorrencia.
21