O equipo de Investigación do Posto Principal de Carballo e o Posto Principal de Arteixo da Garda Civil detiveron a un veciño de Arteixo como presunto autor de dous delitos de roubo con violencia con resultado de lesións, un en Coristanco e outro en Carballo.
Os feitos ocorreron o pasado día 16 de febreiro a raíz das denuncias interpostas polas vítimas nas dependencias oficiais da Garda Civil.
A primeira vítima, unha traballadora dun supermercado na localidade de Coristanco foi atracada a plena luz do día por un home que tras acceder ao local e preguntar o prezo duns chicles, esixiulle a recadación. A reacción da vítima foi a de abandonar o local polo que se produciu un forcejeo co atracador, empuxándoa contra a parede e metendo unha man no peto ameazouna en repetidas ocasións con acoitelala. Finalmente abandonou o establecemento subtraendo unha caixa de chicles.
A segunda vítima unha muller de Coristanco de avanzada idade tras estacionar o seu vehículo no parque do San Martiño en Carballo dirixiuse a unha sucursal bancaria, mentres esperaba a súa quenda observa como un home protagoniza un pequeno incidente ao non querer respectar a quenda. A vítima tras retirar a cantidade de 700€ da sucursal dirixiuse ao seu vehículo momento no que ao subirse foi abordada polo mesmo home que estaba no banco. Tiroulle fortemente do bolso conseguindo arrebatarllo despois de chegar a arrastrala polo chan provocándolle feridas de consideración e a fractura dun dedo na súa man esquerda.
A Garda Civil iniciou unha investigación ao obxecto de lograr a identificación plena do autor dos ilícitos. Como froito das xestións levadas a cabo nos lugares dos feitos, a información achegada polas vítimas e da análise dos datos obtidos, os efectivos actuantes lograron a identificación, localización e posterior detención o día 19, do presunto autor dos ilícitos, resultando ser un veciño de Arteixo.
O detido, xunto coas actuacións realizadas, foi posto ao dispor do Xulgado de Guardia da Coruña, decretando o seu ingreso en prisión.
17