O Calvo Xiria recupera sensacións positivas

1 minutes read

O conxunto carballés que adestra Adrián Dubra, logrou este sábado unha axustada, pero non menos importante, vitoria ante o conxunto canario Km13 Gáldar (35-33). Foi claro dominador do encontro cunha vantaxe de seis puntos ao descanso, 20-14. No segundo tempo os canarios viñéronse arriba por momentos recortando vantaxe no luminoso, pero por sorte para o Xiria co 35-33 non habería tempo para máis. Con este resultado o Calvo Xiria continúa penúltimo na clasificación xeral, en zona de descenso directo, pero sen descolgarse da loita pola salvación, sumando catorce puntos a falta de oito xornadas.