Esta madrugada cambiamos para o horario de verán, ás dúas serán as tres

1 minutes read

Para aforrar enerxía, dende 1981 os países da Unión Europea decidiron mudar os horarios tanto no outono como coa entrada da primavera. Hai debate sobre se se consegue tal aforro ou non, o certo é que nos muda os hábitos, sobre todo dos máis pequenos. Durmiremos unha hora menos na madrugada do domingo, que haberá que recuperar despois. Un mal menor se o cambio horario serve para aproveitar máis as tardes ao sol. Hai propostas para poñerlle fin a este costume. O BOE publicou o ano pasado o decreto que establece o último cambio horario que se fará no noso país, será en outubro de 2026. De momento, na madrugada deste sábado para o domingo, ás dúas serán as tres.