Grazas a esta iniciativa, que impulsa a Consellería de Política Social, ofreceranse consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a persoas maiores de 55 anos, sendo necesario reservar cita previa, ben vía telefónica chamando ao 622 748 283 ou ao 623 546 992, ou ben enviando un correo electrónico a coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.
Como actividade complementaria de interese xeral, aproveitando a presentación do programa, o mércores da semana que vén (19 de abril) a partir das 19:00 horas na Casa da Cultura tamén se ofrecerá unha charla sobre coidados básicos de podoloxía, na que se abordarán cuestións como a maneira correcta de realizar o corte e limpeza das unllas, a eliminación de durezas, callos e helomas, etc. Neste caso non se require inscrición previa e o acceso será libre e gratuíto para todas as persoas interesadas.
O programa Coidados porta a porta xa estivera na Laracha o pasado verán, cando obtivo unha excelente participación e valoración por parte da veciñanza.