O equipo sigue a mostrar ambición e quere gañar o maior número de partidos posible, traballando semana a semana, como levan feito durante toda esta tempada. Xa recuperada a normalidade, en canto a adestramentos, a nota negativa é que ten a varios xogadores que son dúbida para este partido, xa que levan arrastrando molestias en semanas pasadas.
Deberá suplir as súas carencias físicas e menor altura con esforzo, gañas e ilusión, ante a Cultural y Deportiva Leonesa, un dos mellores equipos da categoría, e intentar competir o maior número de minutos posibles, para así darlle á súa afección unha vitoria e a gran despedida coma se merecen en Carballo.
Este sábado ás 17:00 horas acompañarán dende as gradas ao Calvo Basket Xiria, usuarios da asociación ASPABER e ALCER CORUÑA (Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril), que porán una mesa informativa.
19