O Bergantiños sumou unha nova derrota, pola mínima en Zamora (1-0)

1 minutes read

O conxunto local foi claramente superior a un Bergantiños que xa non se xoga nada e que mesmo puido encaixar unha goleada se o Zamora materializase algunhas das moitas ocasións que xerou durante o partido. A primeira parte terminou milagrosamente sen goles, o Bergantiños tivo dúas ocasións claras, pero os de Yago Iglesias multiplicáronas polo menos por cinco. Tras a continuación máis do mesmo, ata que tanto foi o cántaro á fonte que terminou rompendo. Un saque de esquina atopaba a cabeza dun Charlie que, coa colaboración dun defensor, manda o balón ao fondo das mallas para que o Zamora collese vantaxe no marcador. Un espellismo no minuto 53 reactivou ao Bergantiños, con resposta dunha contra do Zamora e un paradón de Canedo o partido arrefriábase. Na recta final o conxunto local defendeu a súa curta vantaxe, sumando tres novos puntos que lle manteñen na loita polo ascenso a falta de catro xornadas para o final.