Unha muller falecida e 39 feridos ao envorcar un autobús en Huelva

1 minutes read

Entre as persoas feridas tres delas presentan un prognóstico moi grave ao envorcar un autobús que trasladaba a traballadoras temporeras marroquís no municipio onubense de Almonte (Huelva), segundo informou o servizo Emerxencias 112 de Andalucía. O accidente produciuse no quilómetro 16 da estrada A-484 ás 6:25 horas da mañá deste luns, cando, por causas que se descoñecen, o autobús saiu da vía e envorcou. Segundo os últimos datos facilitados ao 112 polo Centro de Emerxencias Sanitarias (CES 061), unha muller faleceu, outras tres resultaron feridas moi graves, 14 menos graves e 22 leves.Entre os feridos leves, informou o 112 nun comunicado, atópase o condutor do autobús.