Efectuadas un 13 % máis de devolucións de Renda ca o ano pasado

1 minutes read

Esta semana comezou o prazo para solicitar cita previa para confeccionar de xeito presencial a declaración da renda. As oficinas da Axencia Tributaria atenderán desde o día 1 ata o 30 de xuño. Este ano máis contribuíntes que en exercicios anteriores apresuráronse a cumprir xa coas súas obrigas Facenda. As vías telefónica e telemática seguen tamén abertas para os que prefiran esas opcións, utilizadas cada vez por máis contribuíntes. 

“Houbo máis prema por presentar as declaracións, de feito, xa se presentaron un 5 % máis de declaracións que o ano pasado por estas datas e Facenda devolve antes, xa se devolveu un 13 % máis ca o ano pasado a estas alturas”, dixo Julio Ransés Pérez, inspector de Facenda.