Animada xornada no Trofeo de Ciclismo Concello de Carballo

1 minutes read

Baixo a organización do Club Ciclista Carballo, este sábado celebrouse o Trofeo Concello de Carballo 2023 de ciclismo para as categorías escolas, cadetes e júnior fémina, unha das 5 probas que puntúan para a Copa Galicia Porvir. O Circuíto Escolas percorreu a Av. Milagrosa, rúa Concordia, rúa Montero Ríos, rúa Salvador de Madariaga, Av. Milagrosa, rúa Xílgaro, rúa Emilio González López, rúa Cemiterio Vello, Av. Milagrosa. A ruta máis completa foi a do Circuíto Cadetes, con saída de Carballo hacia Coristanco, Rus, Carballo (2 voltas) e Carballo, Coristanco, Rus, Artes, Carballo. Diego López Cano, do club Cambre Caeiro, impúxose na categoría cadete con 1 hora, 22 minutos e 43 segundos. Participaron preto de 200 nenas e nenos de toda Galicia e un equipo de Castela León. O evento contou coa axuda de Protección Civil de Carballo e Coristanco, coa Policia Local de Carballo e Coristanco e con preto de 30 persoas voluntarias, así mesmo con 10 axentes da Garda Civil que todos eles velaron pola seguridade da proba.