Clausuradas as escolas deportivas de Cabana

0 minutes read

O Concello de Cabana de Bergantiños celebrou a clausura das diferentes actividades deportivas e culturais desenvoltas ao longo de todo o ano. Ao redor de 200 nenos e nenas despediron este venres o curso de actividades deportivas no polideportivo de Cabana de Bergantiños. As exhibicións incluíron disciplinas como futsal biberón, baloncesto, ximnasia rítmica, judo, aerobic e aerobic infantil, e patinaxe artística.